COMPOSTELA DIVERSA 2021

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou esta mañá en rolda de prensa: COMPOSTELA DIVERSA 2021. Tamén estivo acompañada polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Mercedes Rosón destacou que Compostela Diversa quere facer de Santiago un referente no respecto, na empatía, na amabilidade e na pluralidade. Iniciativa impulsada polo Concello de Santiago coa colaboración da concellería de Turismo, de Compostela Territorio das Mulleres e da Casa Xohana Torres. Estas últimas son actuacións incluídas na EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Compostela Diversa procura avanzar na consecución dos dereitos, da visibilidade e da normalización da vida cotiá das persoas LGTBIQ+. Neste senso, recalcouse que o programa vaise realizar en colaboración cos diferentes colectivos LGTBI da cidade.

A concelleira recordou que o día 28 de xuño reivindícase e celébrase, como todos os anos, o orgullo LGTBI. E, trabállase de xeito conxunto e transversal cos distintos departamentos municipais para levar a cabo esta campaña de dinamización e sensibilización.

Santiago é unha cidade aberta, integradora e diversa

As actividades da campaña comezaron o pasado luns, 21 de xuño, coa programación de actividades na Casa Xohana Torres. Pero a programación de Compostela Diversa estenderase a máis espazos municipais ata o día 11 de xullo. O groso das actividades concentrarase o 26 e 27 de xuño, comezando o sábado coa proxección do documental “Persoas S.A.” na C.G.A.C. Ese mesmo día, no parque de Bonaval, desenvolveranse unha serie de actividades lúdico-artísticas.

O luns 28 terá lugar a lectura do manifesto no palco de música da Alameda. Neste senso, adiantouse que se presentará unha “pequena sorpresa, un elemento permanente que visualice o compromiso da cidade coa diversidade”

Programa de actividades

Mércores 23 de xuño

  • 18.30-19.30 h. CASA XOHANA TORRES. “Educar(se) na diversidade” Asociación Nós Mesmas

Sábado 26 de xuño

  • 11.30-14.00 h. C.G.A.C. Proxección do documental “Persoas S.A.” de Carmen PG Granxeiro
    Mesa redonda coa participación de: Laura Bugalho | Daniela Fernández | Enrique Latorre | Cristina Palacios | Carmen PG Granxeiro | Brais Papiri
  • 18.00-20.30 h. PARQUE DE BONAVAL. Programa lúdico, artístico e poético con: Paraíso Canto | A Rabela | Aldaolado

Domingo 27 de xuño

  • 11.00-12.30 h. TEATRO PRINCIPAL. “Historia e memoria da disidencia sexual en Galicia (1880-1980)” de Daniela Fernández
  • 20.00-21.30 h. TEATRO PRINCIPAL: Presentación a cargo de As fillas Bravas. Fransy, Davide e Cibrán

Luns 28 de xuño

  • 13.00 h. PALCO DA MÚSICA – ALAMEDA. Lectura do Manifesto

Do 24 de xuño ao 11 de xullo

  • Campaña de dinamización e visibilización. Comercios, aloxamentos, bares e restaurantes
  • Iluminación e decoración de espazos públicos: Pazo de Raxoi, Teatro Principal e Alameda.
  • Fai unha foto coa iluminación ou coa imaxe da campaña, compártea nas túas redes co cancelo #composteladiversa e participa nun sorteo

+INFO: Consulta toda a información actualizada na web e redes de Compostela Territorio das Mulleres