querENDO.Mulleres con Endometriose

Sobre nos…

querENDO. Mulleres con endometriose somos unha asociación sen ánimo de lucro de mulleres afectadas pola doenza da Endometriose.

querENDO é unha asociación de ámbito galego xurdida en 2015 que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica, e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e da súas familias, independentemente do grao ou estadio da súa doenza. Desenvolver todas as actividades socio-sanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da súa calidade de vida.

Cales son os seus obxectivos?

Divulgación sobre a endometriose, así como apoio e información tanto ás doentes coma ás súas familias.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Contacto

mulleresconendometriose@gmail.com

www.querendo.eu

Redes sociais