AVANTE LGBT+

Sobre nos…

Organización de persoas LGBT+ que se xuntan de maneira autónoma para loitar polos seus dereitos desde unha óptica feminista, anticapitalista e galeguista, sen tutelaxe de persoas cisheterosexuais e orgánicamente independente de partidos e institucións. Constitúe un espazo seguro de socialización, formación e acción política para as persoas LGBT+ da contorna.

Cales son os seus obxectivos?

A defensa dos dereitos do colectivo LGBT+.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Produción de materiais audiovisuais (radio, vídeo, cine, etc.)

Actividades e/ou accións culturais (exposicións, concertos, teatro, recitais, roteiros, etc.)

Contacto

avantelgbtcompostela@gmail.com

linktr.ee/AvanteLGBTGaliza

Redes sociais