LarLilás

Cales son os seus obxectivos?

LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poda garantir un final da vida en condicións de dignidade. Concibida como unha alternativa aos modelos actuais de residencias e vida en soidade non desexada LarLilás é un proxecto autoxestionado que amplía a liña da vivenda colaborativa coa atención e coidado en casos de dependencia e enfermidade. O proxecto susténtase nun ideario feminista, progresista, ecoloxista e laico e a consideración prioritaria da dignidade e liberdade persoal como elementos fundamentais para unha vida feliz.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Contacto

olarlilas@gmail.com

larlilas.blogspot.com

Redes sociais