SEDRA. Federación de Planificación Familiar

Sobre nos…

SEDRA-Federación de Planificación Familiar (SEDRA-FPFE) é unha organización non gobernamental con delegación en Galicia que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e que traballa con proxectos de educación sexual integral, promoción de dereitos e da saúde sexual e reprodutiva, sempre desde a perspectiva de xénero.

Cales son os seus obxectivos?

Defendemos o dereito de todas as persoas a decidir e exercer con autonomía a súa vida sexual e reprodutiva e desenvolvemos accións que favorezan o desenvolvemento integral das persoas e garantan o acceso a unha atención, educación e información en saúde sexual e reprodutiva públicas e de calidade.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Produción de materiais audiovisuais (radio, vídeo, cine, etc.)

Contacto

698 12 60 48

galicia@sedra-fpfe.org

www.sedra-fpfe.org

Redes sociais