Cargando eventos

« Todos os eventos

OBRADOIRO: Corpos que celebran sen pedir permiso

Xuño 19 @ Xuño 19 - Xuño 19

OBRADOIRO “Corpos que celebran sen pedir permiso: reconectar coa esencia dende a tenrura

ORGANIZA: Casa Xohana Torres

Dinamizado por Angelly Ferreiro

Este obradoiro vivencial está dirixido a mulleres e persoas LGBTIQ+ que desexen traballar o amor propio, explorar o autocoidado e expresarse de forma creativa nun espazo acolledor.

A proposta busca acompañar procesos de reconexión co corpo e coa identidade desde a tenrura, a expresión simbólica e a construción colectiva de ferramentas de benestar a través de dinámicas corporais suaves, creación artística e diálogo grupal.

📍 Casa Xohana Torres

🗓️ Xoves 19 de xuño

🕒 19:00 a 21:00 h

🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036

Detalles

Data:
Xuño 19
Hora:
Xuño 19