
OBRADOIRO: Performática. O corpo fala o que a boca cala
Xullo 8 @ Xullo 8 - Xullo 8
OBRADOIRO “Performática: O corpo fala o que a boca cala”
ORGANIZA: Casa Xohana Torres
Dinamizado por Alexandra Marte
PERFORMÁTICA é un espazo de liberación e conexión onde se traballará a expresión emocional a través do corpo, recoñecendo a nosa identidade e as nosas raíces. Neste taller exploraremos como o movemento pode ser ferramenta de autocoñecemento, resistencia e sanación.
A actividade está profundamente conectada co voguing, un estilo de danza nacido nas comunidades afro e latinoamericanas LGTBIQ+ de Nova York, que converteu a pasarela e a pose en linguaxe política e afirmación do “eu”. Partindo desta linguaxe corporal, PERFORMÁTICA propón un encontro coa propia verdade, onde cada quen poida poñer en valor a súa presenza física, o seu estilo único e a súa historia persoal.
📍 Casa Xohana Torres
🗓️ Martes 8 de xullo
🕕 19:00 a 21:00 h
🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036