COMPigual
COMPOSTELA POLA IGUALDADE DE XÉNERO
COMPigual – COMPostela pola IGUALdade de xénero é un proxecto para traballar a educación
en igualdade e a prevención da violencia de xénero na comunidade educativa do concello de
Santiago de Compostela.
COMPigual diríxese tanto ao alumnado escolarizado en centros de ensino composteláns de
todas as etapas educativas, como ao profesorado e ás súas familias a través de diversas accións (talleres presencias, encontros familias–profesorado, accións a través de internet e/ou redes
sociais, guías e outros recursos didácticos …).
Este programa ten unha vixencia de dous anos, concretamente desde abril de 2021 a marzo de
2023
COÑECE OS OBXECTIVOS E AS ACCIÓNS DE COMPigual
PARTICIPA EN COMPigual
Se queres que o teu centro educativo participe en COMPigual envíanos cuberto o compromiso de participación ao correo compigual@retnova.com

CONTACTO
Se queres recibir máis información sobre COMPigual podes contactar connosco a través das seguintes canles:
Correo electrónico: compigual@retnova.com
Teléfono: 604 078 903


