Coñécenos!

O equipo do CIM de Santiago de Compostela está formado por un conxunto multidisciplinar de profesionais en diferentes ámbitos. Persoas dispostas a escoitar, apoiar e acompañarte na procura do teu benestar.

Coñece a Loli!

A nosa psicóloga

Naceu en Santiago de Compostela, lugar onde lle encanta vivir e traballar.

De pequena quería ser enfermeira, aínda que ao final decantouse pola psicoloxía. O seu afán de axudar as persoas non mudou aínda que o fixese a disciplina.

Dentro desta materia especializouse en xerontoloxía clínica e social.

Aos seus 52 anos de idade, leva máis de 20 anos ofrecendo os seus servizos na área da psicoloxía en diferentes Centros de Información á Muller. Encántalle traballar en equipo, e xuntos e xuntas intentan en todo momento procurar o benestar das mulleres que precisan dos seus servizos.

Considera o seu traballo como todo un regalo, xa que axudar a outras mulleres é a mellor satisfacción que pode ter no seu día a día.

As persoas que conviven coa nosa psicóloga din dela que é unha persoa social, leal, honesta e sobre todo destacan que sabe escoitar, valores que son fundamentais para o desenvolvemento do seu traballo. Tamén din que lles encanta escoitala falar da súa viaxe a “Isla Mauricio”, o cal describe cunha paisaxe idílica, augas cristalinas e montañas e selvas tropicais.

No seu tempo libre, encántalle dedicarlle tempo ao seu fillo, familia e amigos/as, pasando pequenos momentos que lle outorgan unha gran ledicia.

Coñece a Gloria!

A nosa traballadora social

Naceu na cidade de París, en Francia, no ano 1968.

Sendo ela pequena, mudouse a vivir cos seus pais a Galicia, onde comezou a formar a súa vida e as súas lembranzas.

De nena quería ser mestra ou enfermeira, e non desapareceu a súa idea de traballar con e para as persoas, diplomándose máis adiante en Puericultura e Traballo Social e realizando outras formacións ligadas ao asesoramento familiar.

O que máis destaca da súa experiencia formativa, foron as prácticas que realizou nun concello, onde tivo a oportunidade por primeira vez de traballar directamente coa realidade das persoas.

Comezou a traballar no CIM coa idade de 24 anos, e nesta organización atopou a súa vocación e un equipo co que lle encanta traballar para conseguir o benestar das persoas que visitan o CIM. O que máis lle satisfai é ver que as usuarias e usuarios que acoden ao CIM séntense escoitadas/os e protexidas/os.

As persoas que a rodean defínena como unha muller alegre, dinámica e sobre todo, que sabe escoitar. E ela destaca delas que a apoien nos momentos complicados, pois xuntos e xuntas, somos máis fortes.

Ademais, a nosa traballadora social é nai dun rapaz e unha rapaza, cos que lle encanta pasar o seu tempo libre. Outros dos seus hobbies son ir a praia, camiñar polo monte, ler, e manter unha boa conversación cun café na man, onde recordar as historias da súa volta a París, viaxe que a transportou a súa máis temperá infancia.

Coñece a Chus!

A nosa avogada

Naceu na cidade da Coruña fai 44 anos.

Sempre quixo ser piloto de avión, pero ao final emprendeu unha gran viaxe no mundo do Dereito e da Criminoloxía. Encántalle descubrir mundo, pero non tanto como saír en defensa das persoas que máis o precisan.

A súa disciplina favorita é o Dereito Constitucional e de Familia.

Aos 27 anos comezou a traballar no CIM, onde ofrece os seus servizos no ámbito xurídico. Neste traballo topou cun gran equipo de profesionais xunto cos/coas cales procura día a día mellorar a situación das mulleres que acoden ao CIM.

A súa maior satisfacción é o agradecemento que lle fai chegar cada usuaria/o do CIM, saber que a súa labor lles axuda. Iso é o que lle fai saber que elixiu o camiño correcto na súa formación.

As persoas que a rodean din dela que é unha persoa leal, sincera e xenerosa, valores que sempre transmite aos demais tanto na vida persoal como na laboral.

A nosa avogada e criminóloga é nai dunha nena e dun neno, cos que desfruta con pequenas cousas como pasear pola praia, escoitar música, ou falando de Roma, o seu destino favorito.

Coñece a Ricardo!

O noso administrativo

Naceu na cidade de Santiago de Compostela, lugar onde medrou e botou raíces.

De pequeno quería ser carteiro, viaxando con novas para os seus veciños e veciñas. Sen embargo, o seu amor polos números fixo que se decantara por estudar un Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

O que máis lle gustou da súa experiencia formativa foi o Curso de Contable que fixo a través do INEM.

No CIM leva traballando case 3 anos, e na súa corta experiencia formou moi bo grupo con todos e todas os compañeiros e compañeiras. Encántalle traballar en equipo, e no CIM están moi unidos/as e compenetrados/as.

Aos seus 39 anos de idade afirma que a súa maior satisfacción é ver que o seu traballo axuda as persoas que visitan o CIM, por iso encántalle formar parte dun departamento onde estás man a man coas usuarias e usuarios que o visitan. 

A xente que comparte vida con el valora moito a súa sinceridade e empatía, calidades que intenta transmitir en todo momento.

Ademais, ao noso administrativo encántalle pasar tempo cos amigos e amigas, tomando algo nunha terraza ao sol e desfrutando da boa compañía, recordando as anécdotas da súa viaxe favorita a Portugal.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.