O Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela
somos un punto de encontro e de referencia; un espazo seguro, aberto e libre de prexuízos.
Axudar, apoiar e protexer
Un departamento municipal onde traballamos para axudar, apoiar e protexer ás mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade.
Eliminar o Machismo
Unha entidade dende a que, en equipo, loitamos por eliminar todas as formas de discriminación machista e erradicar a violencia de xénero.
Profesionais a disposición de todas as mulleres
Un conxunto de profesionais a disposición de todas as mulleres que o precisen, na procura de mellorar as súas condicións e as das persoas ao seu cargo.
30 anos de historia traballando na igualdade
Somos un centro pioneiro con 30 anos de historia traballando na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
OBXECTIVO:
DAR ATENCIÓN INTEGRAL ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E PROCURAR A IGUALDADE REAL ENTRE MULLERES E HOMES.