0 3 de setembro remata o prazo para solicitar participar no consello municipal de igualdade

O vindeiro martes, 3 de setembro, rematará o prazo para solicitar a participación como vogal no Consello Municipal de Igualdade. 

A solicitude pode realizala na sede electrónica do concello de Santiago de Compostela a través do trámite: “Solicitude para formar parte como vogal no Consello Municipal de Igualdade”

O Pleno da Corporación aprobou o 24 de abril o Regulamento do Consello Municipal de Igualdade, co obxectivo de garantir a participación democrática da cidadanía nos asuntos municipais relacionados coa área de igualdade, en particular aqueles que teñen que ver co feminismo, a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a loita contra as violencias machistas e os dereitos LGBT.

O artigo 5 do regulamento establece que poderán formar parte do Consello Municipal de Igualdade en calidade de vogais:

  • Unha persoa en representación por cada unha das asociacións ou organizacións recoñecidas legalmente que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións con, polo menos, seis meses de antigüidade e que soliciten a súa participación no Consello.

  • Unha persoa en representación por cada unha das áreas ou seccións de igualdade de xénero ou diversidade afectivo sexual, de organizacións cidadás, con autonomía funcional e independencia, que desenvolvan traballos encamiñados a conseguir os obxectivos xerais do Consello e que soliciten a súa participación no Consello e aquelas asociacións que recollan nos seus Estatutos a defensa da comunidade en xeral.

 

A xuntanza constitutiva do Consello Municipal de Igualdade celebrarase o xoves 5 de setembro ás 18h na sala circular do Auditorio de Galicia

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.