Resolución subvencións para actividades a favor da igualdade 2021

RESolución subvencións igualdade 2021

Publícase a resolución definitiva da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades e programas a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, Queer e intersexual (LGTBQI) de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2021, na que as seguintes entidades obtiveron as maiores puntuacións:

  • Asociación executivas de galicia. Foro virtual: “A igualdade de xénero e desenvolvemento sostible: desafíos da axenda 2030”
  • Asociacion plataforma feminista galega. Actividades en prol da igualdade
  • Asociación para a promoción e integración das mulleres galegas do rural (agra). Exposición visibilización mulleres rurais
  • Materfem. Maternar nas periferias
  • Arelas. DIVA: programa formación, orientación e atención a persoas lgtbiqa+
  • Federación de asociacións de mulleres rurais (Fademur). ReSSoVixe: Violencia de xénero nas redes sociais
  • Plataforma polo emprego: Información e asesoramento das traballadoras do fogar, habilidades sociais e uso das novas tecnoloxías e Creación e mantemento de espazos de comunicación e organización das traballadoras do fogar
  • Acadar. Re-Créate
  • OC de hockey Clube Raxoi IV. Xornadas de tecnificación e empoderamento en hockey sobre patíns feminino
  • Sindicato labrego galego. Mobilizándonos
  • Asociación de personas sordas de Santiago de Compostela. Actividades en prol da igualdade
  • Asociación de empresas de inserción de Galicia (Aeiga). Programa VIII Muller en igualdade

No lateral están dispoñibles para descarga a resolución, o acordo da xunta de goberno e as bases da convocatoria. O prazo para a xustificación da subvención remata o 31 de outubro de 2021.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.