Colectivo Resistencia en Terra Allea
Sobre nos…
Procuramos ser desencadeantes ou continuadoras de sinerxias e accións decoloniais, por unha parte como canle para a visibilización de proxectos de persoas racializadas en Compostela, por outra parte para impulsar formación antirracista e decolonial na cidade, e tamén como un espazo de denuncia social antirracista e decolonial en todas as súas formas.
Cales son os seus obxectivos?
Crear un espazo antirracista e decolonial para visibilizar, aprender, desaprender e afianzar vínculos con persoas con dores e vivencias similares ás nosas en canto a persoas racializadas e/ou migradas.
Que actividades, servizos ou accións realiza?
Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)
Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc)
Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios…
Actividadese/ou accións culturais (exposicións, concertos, teatro, recitais, roteiros, etc.)