FONDO DOCUMENTAL

O Fondo Documental e de Recursos Feministas é unha proposta para visibilizar e poñer a disposición de toda a cidadanía os documentos producidos polos colectivos, grupos e entidades que conforman o movemento feminista compostelá. Estes documentos son un patrimonio documental e parte da memoria feminista e da historia das súas protagonistas. Por isto, este fondo quere acoller a todos os tipos de producións do movemento feminista (revistas, fanzines, cartaces, panfletos, fotografías, vídeos, etc.) que reflictan o seu navegar polos diversos temas, reivindicación e reflexións.

Compartide o voso navegar!