
En Santiago de Compostela existen diversos colectivos, asociación e entidades que traballan en prol da igualdade en diferentes ámbitos. Pero non se conta cun espazo (físico ou virtual) no que os contactos e información sobre a súa labor estean dispoñibles para a cidadanía. Unha información fundamental para facilitar encontros e sinerxías entre os colectivos e entidades, pero tamén para dala a coñecer e divulgala ao conxunto da cidadanía.
Toda a información que se ofrece no mapa foi facilitada polas propias entidades e grupos.
Se sodes unha entidade ou colectivo de mulleres, feministas ou LGBTIQA+ e aínda non estades no mapa ou queredes actualizar a vosa información, informádenos por medio do correo electrónico casaxt@santiagodecompostela.gal