Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria

Sobre nos…

MCG Exeria nace en marzo de 1996, e se constitúe como asociación o 1 de Setembro do 1998. Ao longo da nosa andaina participamos de plataformas e activismos.

Formamos parte dende os seus inicios da Marcha Mundial das Mulleres, da Coordenadora de Crentes galeg@s, do colectivo Mujeres y Teología, da Rede Miriam de espiritualidade feminista… e máis recentemente da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Temos denunciado as situacións de invisibilidade da muller dentro da Igrexa e dado a nosa opinión sobre diferentes cuestións eclesiais a través de accións e documentos. Organizamos dende o noso nacemento diferentes obradoiros e xornadas de formación sobre teoloxía e feminismo.

Dende hai 8 anos propoñemos o Espazo de Teoloxía Feminista, no que difundimos e compartimos formación teolóxica feminista. Tamén somos fundadoras e promotoras da acción estatal Revolta de Mulleres na Igrexa iniciada en marzo de 2020.

Cales son os seus obxectivos?

Acadar que as mulleres non sexan discriminadas nin dentro da Sociedade nin dentro da Igrexa, por razón do seu sexo. Traballar para que sexan recoñecidas na súa condición de persoas, en plenitude de dereitos e deberes.

Concienciar a Igrexa da situación que viven as mulleres no seu seo que non é a que lles corresponde como membros de pleno dereito.

Promover un proceso de reflexión-acción orientado a desbloquear o problema da situación da muller na Igrexa e na Sociedade.

Ademais será función da Asociación, a potenciación da cultura e o sentir galegos, do que a súa lingua forma parte e no que as mulleres galegas viven inmersas.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Actividadese/ou accións culturais (exposicións, concertos, teatro, recitais, roteiros, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios…

Contacto

mcgexeria@gmail.com

www.exeria.org

Redes sociais