Compostela Non Monógama

Sobre nós…

O Coletivo naceu en 2018 pasando varias persoas polo grupo organizativo dende entón ata agora. Plantexamos reunións periódicas ademáis dun espazo en redes sociais a través do cal buscamos manter o contacto entre as persoas participantes nos encontros presenciais. Estes encontros varían de temática segundo os intereses que xurdan en anteriores actividades, encamiñándoas a conversar acerca de modelos relacionais non normativos e temáticas emocionais/amorosas.

Cales son os seus obxectivos?

Os obxectivos fundacionanis e de actuación son a construcción dun punto de encontro e un referente para todes aqueles interesades nas non monogamias, dirixindo as actividades cara a visibilización destes modelos relacionais non normativos, fomentando o debate e reflexión en forma de reunións periódicas nun ambiente seguro, aberto e comprensivo, de xeito que toda persoa que queira poda asistir e participar.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Contacto

639150412

compostelanonmonogama@gmail.com

Redes sociais