A programación do Orgullo 2021, a cargo do colectivo Avante LGTB+ Compostela, ven cargada de diversas e interesantes actividades: manifestación, ciclo de cine, tertulias, documentarios e moito máis. E, ademais, parte da súa programación realizarase na Casa Xohana Torres:
- Luns, 21 de xuño ás 20h: Estrea do documentario “Transición sen sexismo“
- Xoves, 24 de xuño ás 20h: Presentación do Protocolo pola inclusión das persoas trans na USC
A primeira actividade trátase da presentación do documentario “Transición Sen Sexismo” co obxectivo de visibilizar prácticas transfóbicas no sistema se saúde público que sofren na actualidade as persoas trans. A actividade contará con espazo para o debate e reflexión con persoas que participaron na súa realización. Este documentario, de produción propia, proxectarase o luns 21 de xuño ás 20h na Casa Xohana Torres.
A segunda actividade, que terá lugar o xoves 24 de xuño ás 20h, será a presentación do Protocolo pola inclusión das persoas trans na USC. Con esta acción, procurarase reflexionar e debater sobre esta reinvindicación para facer fronte á transfobia no sistema de ensino.
As prazas para ambas actividades concederanse por orde de chegada ata completar o aforo máximo de 12 persoas, pero tamén se poderán seguir en directo a través das redes sociais.
Máis información e consulta de programación nas redes sociais de Avante LGTB+ Compostela.