ACADAR. Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia

Sobre nos…

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR foi constituída en setembro de 2009 no Concello de Santiago de Compostela por 20 mulleres con discapacidade. Conscientes de que as necesidades específicas das nenas e mulleres con discapacidade non estaban cubertas nin sendo tidas en conta por parte da sociedade actual, puxeron a disposición das mesmas a ferramenta máis axeitada para promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena inclusion e participación en todos os ámbitos da sociedade, unha asociación.

O seu ámbito de actuación comprende toda a Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de ofertar servizos, dirixir actividades e reivindicar dereitos para todas as mulleres con discapacidade independentemente do lugar onde residan, tendo en conta sobre todo as necesidades específicas das mulleres residentes no rural, das mulleres con discapacidade severa e/ou as que concorran circunstancias en risco ou exclusión social.

Declarada de Utilidade Pública na orde do 5 de febreiro de 2020, ACADAR é membro da Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade (CEMUDIS) e do Consello Galego das Mulleres, desenvolvendo a Vicepresidencia Segunda. Tamén forma parte da Federación provincial de A Coruña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI CORUÑA), da Federación de Asociación de COGAMI Lugo, Federación de COGAMI Pontevedra, Federación DISCAFIS-COGAMI Ourense e Asociación de desenvolvemento Galicia Suroeste EURORURAL. Ademais, está inscrita nos Rexistros Municipais dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Narón, Lugo, Vigo e Ourense.

Cales son os seus obxectivos?

Defender a dignidade e os dereitos das mulleres con discapacidade, para o seu exercicio en plenas condicións de igualdade real.

Promover a plena inclusión escolar, familiar e social das mulleres con discapacidade.

Defender o dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda muller con discapacidade.

Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.

Participar na orientación, coordinación e impulso do Movementos Asociativo no que estea integrado ACADAR con criterios de solidariedade.

Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade, e da discapacidade en xeral.

Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade dirixidos especificamente á muller nas seguintes idades: infancia, xuventude e 3ª idade.

Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer dirixidas especificamente á muller con discapacidade.

Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás mulleres con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ao cumprimento da misión de ACADAR ou redundar no beneficio das mulleres con discapacidade.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Produción de materiais audiovisuais (radio, vídeo, cine, etc.)

Atención psicolóxica

Orientación e inserción laboral

Contacto

674073092 – 674139837

info@acadar.org

www.acadar.org

Redes sociais