ARELAS. Asociación de familias de menores trans de Galiza

Sobre nos…

Traballamos pola consecución de igualdade de oportunidades e de dereitos dxs menores trans* en todos os ámbitos da vida pública e privada. familiar, social, educativo, legal, cultural, sanitario e deportivo.

Impulsamos a visibilización, naturalización e difusión da realidade dxs menores trans* e as súas familias, así como a remoción de estereotipos e prexuízos contra as persoas trans* menores de idade a través de campañas se sensibilización e concienciación social, formación en centros educativos, profesionais do social, sanitario e legal e realización de materiais pedagóxicos.

Loitamos contra a estigmatización, a discriminación e as diferentes formas de odio e maltrato, directo e indirecto, dirixidas contra as nenas e mulleres adolescentes trans*, especialmente en contextos de violencia de xénero.

Promovemos a participación das nenas e mulleres adolescentes trans* na vida social, política e económica. Especial vulnerabilidade ao sufrir varias violencias interseccionais.

Desenvolvemos actividades de sensibilización, consistentes en información e formación (seminarios, charlas, publicacións, talleres, accións audiovisuais, encontros, etc.) versadas na transexualidade infantoxuvenil.

Elaboramos e colaboración na creación de protocolos no ámbito educativo, sanitario, social e cultural, xa a nivel autonómico, local e/ou estatal; así como promover a lexislación necesaria para garantir os dereitos dxs menores transexuais e as súas familias.

Promovemos e reclamamos a despatoloxización da transexualidade en todos os ámbitos de atención a menores trans.

Ofrecemos apoio, orientación e asesoramento ás familias e persoas trans* que o demanden e a menores trans sen apoio familiar.

Cales son os seus obxectivos?

Defender a dignidade e os dereitos das mulleres con discapacidade, para o seu exercicio en plenas condicións de igualdade real

Promover a plena inclusión escolar, familiar e social das mulleres con discapacidade.

Defender o dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda muller con discapacidade

Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.

Participar na orientación, coordinación e impulso do Movementos Asociativo no que estea integrado ACADAR con criterios de solidariedade.

Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade, e da discapacidade en xeral.

Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade dirixidos especificamente á muller nas seguintes idades: infancia, xuventude e 3ª idade.

Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer dirixidas especificamente á muller con discapacidade.

Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás mulleres con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ao cumprimento da misión de ACADAR ou redundar no beneficio das mulleres con discapacidade.

Que actividades, servizos ou accións realiza?

Accións de rúa e/ou de presión (manifestacións, concentracións, recollida de firmas, envío de cartas, etc.)

Publicacións (fanzines, revistas, posts en blogs e/ou redes sociais, etc.)

Faladoiros,obradoiros, conferencias, coloquios

Produción de materiais audiovisuais (radio, vídeo, cine, etc.)

Atención psicolóxica

Orientación e inserción laboral

Contacto

686 16 04 65

arelasasociacion@gmail.com

www.asociacionarelas.org

Redes sociais