
- Este evento pasou.
Alfabetización en dereitos para familias con filles LGTBIQA+
28 Setembro, 2022 @ 28 Setembro, 2022 - 28 Setembro, 2022
FORMACIÓN: “Alfabetización en dereitos para familias con filles LGTBIQA+”
As aproximacións á realidade afectivo-sexual infanto-xuvenil que trascenden da práctica e dos escasos traballos de análise existentes no noso país e no exterior fálannos dun fenómeno realmente impactante: o apoio e acompañamento familiar ás persoas LGBTIQA+ non é dende logo a norma; e non son estranos os episodios de negación de identidade, omisión de información/apoio ou, nos casos máis extremos, violencia (física, psicolóxica e/ou económica).
En ocasións as actitudes de omisión ou negación non nacen dun ánimo prexuizoso senón do descoñecemento das implicacións e ramificacións dunha realidade. As máis das familias non teñen constancia dos mecanismos legais para o cambio de nome rexistral, ou descoñecen o funcionamento dos servizos de saúde, ou mesmo poden considerar que a autonomía dxs menores non ten efecto por baixo dos 18 anos.
É coa finalidade de abordar estes puntos de fricción entre xs menores e os seus entornos familiares coa que consideramos que a alfabetización deses entornos é clave no benestar das crianzas e adolescentes. Identificar, saber e formarse son piares esenciais do acompañamento, ben sendo fonte de respostas para as preguntas que xs menores poden presentar, ou canto menos para contribuír á creación ou mantemento dun espazo seguro e libre de prexuízos.
? mércores 28 de setembro ás 18:00h
Inscricións: https://form.jotform.com/220623450131036
+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal
PRAZAS LIMITADAS