Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Diversidade afectivo-sexual, familiar e contra a LGTBIfobia. Coñecer para acompañar

29 Setembro, 2022 @ 29 Setembro, 2022 - 29 Setembro, 2022

FORMACIÓN dirixida a profesionais do ámbito social, legal, da saúde mental e sanitario : “Diversidade afectivo-sexual, familiar e contra a LGTBIfobia. Coñecer para acompañar

Esta acción formativa enmárcase nun proceso de cambio social que xa se está a producir, provocando transformacións sobre os estereotipos e as ideas erróneas que se teñen sobre as persoas LGTBIQA+ e as que incumpren as normas de xénero. Búscase promover a participación, a reflexión e a análise a través de charlas e a exposición de casos reais, facendo accesibles os contidos formativos e conceptuais, para producir cambios actitudinais.

Promoverase a participación e a formación das persoas participantes no coñecemento e acompañamento das distintas orientacións, identidades sexuais, familias e contra a LGTBIfobia, buscando
a eliminación das desigualdades entre mulleres e homes e impulsando a equidade e a igualdade de oportunidades.

? xoves 29 de setembro ás 16:30h

DURACIÓN: 4 horas (presencial ou online)

Inscricións: https://form.jotform.com/220623450131036

+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal

PRAZAS LIMITADAS

Detalles

Data:
29 Setembro, 2022
Hora:
29 Setembro, 2022

Protagonista

Arelas

Recinto

Casa Xohana Torres
Santiago de Compsotela, A Coruña 15702 Spain + Google Map