Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro: Habitar o corpo

4 Novembro, 2024 @ 4 Novembro, 2024 - 4 Novembro, 2024

Obradoiro: “Habitar o corpo” con Fedra Alcaraz e Ana Martínez [da cooperativa A Morada]

🗣️Obradoiro dirixido a nenas, mozas e mulleres en xeral. Obradoiro creativo para reconciliarnos cos nosos corpos, mirarnos con amor e compaixón, entender as nosas feridas, a nosa dor, pero tamén para celebrar a nosa beleza real e diversa. Construír, encher de símbolos, cores e formas as nosas siluetas.

O obradoiro concíbese coma un proceso no que se convida ás participantes a reflexionar, indagar e experimentar plasticamente sobre a relación co propio corpo, a autoimaxe e a súa representación. Fomentarase a utilización dos materiais e ferramentas plásticas dunha maneira libre, sempre respectando as diferentes maneiras de comunicarse de cada unha.

Non o perdas!

📅 luns 4 de novembro, ás 18:30h

📌Casa Xohana Torres

➡️ Inscricións: https://cutt.ly/5w3qOstd

Máis info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal

 

Detalles

Data:
4 Novembro, 2024
Hora:
4 Novembro, 2024

Recinto

Casa Xohana Torres
Santiago de Compsotela, A Coruña 15702 Spain + Google Map