
- Este evento pasou.
OBRADOIRO: Construíndo e preservando a memoria LGBTIQA+ no fanzine
Xuño 10 @ Xuño 10 - Xuño 10
OBRADOIRO “Construíndo e preservando a memoria LGBTIQA+ no fanzine”
ORGANIZA: Casa Xohana Torres
Dinamizado por Aranxa Vicens
Neste encontro aprenderemos as concepcións de xénero dende unha perspectiva LGBTIQ+ e decolonial a través da escritura e a autoedición, rompendo coa idea de que a arte está fora do cotián e integrando a memoria para construír un elemento visual e lírico de sentires, corpos e experiencias, poñendo en dúbida o binarismo de xénero tal e como o coñecemos.
📍 Casa Xohana Torres
🗓️ Martes 10 de xuño
🕒 19:00 a 21:00 h
🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036