
- Este evento pasou.
OBRADOIRO: Corpos que celebran sen pedir permiso
Xuño 19 @ Xuño 19 - Xuño 19
OBRADOIRO “Corpos que celebran sen pedir permiso: reconectar coa esencia dende a tenrura”
ORGANIZA: Casa Xohana Torres
Dinamizado por Angelly Ferreiro
Este obradoiro vivencial está dirixido a mulleres e persoas LGBTIQ+ que desexen traballar o amor propio, explorar o autocoidado e expresarse de forma creativa nun espazo acolledor.
A proposta busca acompañar procesos de reconexión co corpo e coa identidade desde a tenrura, a expresión simbólica e a construción colectiva de ferramentas de benestar a través de dinámicas corporais suaves, creación artística e diálogo grupal.
📍 Casa Xohana Torres
🗓️ Xoves 19 de xuño
🕒 19:00 a 21:00 h
🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036