
- Este evento pasou.
Educar(se) na diversidade
23 Xuño, 2021 @ 23 Xuño, 2021 - 23 Xuño, 2021
Faladoiro formativo sobre Ferramentas para traballar a diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas
- Queres traballar a diversidade afectivo sexual e de xénero na aula, pero non sabes como?
- Buscas estratexias para afrontar a LGTBIfobia?
- Queres coñecer a experiencia da Rede Escola Segura?
- Gustaríache fomentar a igualdade dentro das aulas?
SE A TÚA RESPOSTA É SI,
non te podes perder o faladoiro formativo da man de Elisabet Pérez Costas, Educadora Social da Asociación Nós Mesmas, no que falaremos sobre como traballar a diversidade afectivo-sexual e de
xénero no ámbito educativo.
ESPERÁMOSTE,
de 18h30 a 19h30, na Casa Xohana Torres
PARA MÁIS INFO E RESERVAR A TÚA PRAZA:
casaxt@santiagodecompostela.gal – 608 710 978
As prazas son limitadas, pero tamén podes participar seguindo a emisión en directo a través do perfil de Instagram da Casa Xohana Torres @casaxohanatorres