
- Este evento pasou.
A desaprender a masculinidade
15 Setembro, 2022 @ 15 Setembro, 2022 - 15 Setembro, 2022
PRESENTACIÓN da proposta de intervención en educación secundaria obrigatoria: “A desaprender a masculinidade“.
A pesar dos avances na lexislación educativa en materia de igualdade, os recursos prácticos de carácter oficial a disposición dos centros de educación non contan con propostas que garantan unha inclusión transversal dos coñecementos relacionados co modelo de masculinidade tradicional e que dote ao alumnado de ferramentas para o cambio cara un novo modelo de masculinidade. Nesta actividade, presentarase o deseño dun modelo de avaliación para detectar as necesidades dos centros educativos a este respecto e unha proposta de intervención enmarcada nos eixos de actuación da Acción Titorial e da Orientación Académico-Profesional da Educación Secundaria Obrigatoria.
? xoves 15 de setembro, ás 19:00h
Inscricións: https://form.jotform.com/220623450131036
+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal
PRAZAS LIMITADAS