Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Amnesia 3.0

14 Decembro, 2021 @ 14 Decembro, 2021 - 14 Decembro, 2021

MARTES DE CINEFÓRUM FEMINISTA: “Amnesia 3.0

Amnesia 3.0 é a primeira serie interactiva de ciencia ficción en galego. Foi escrita e dirixida por Irene Pin, premiada no Festival Carballo Interplay 2019 á produción do proxecto, nomeada a Mellor Serie de Web 2020 do premio Mestre Mateo e Premio a Mellor Piloto de Serie de España no FECICAM.

Amnesia 3.0 é un thriller de ciencia ficción sobre a premisa básica dun mundo no que a xente non recorda. 265-C érguese cada mañá para seguir o plan de actividades que marca a súa axenda, como calquera de nós. Só que ela non lembra o día de onte. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse. Porén, hai quen sobrevive na marxe.

? martes 14 de decembro de 19:00h á 21:00h

Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres

+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal

PRAZAS LIMITADAS

 

 

Detalles

Data:
14 Decembro, 2021
Hora:
14 Decembro, 2021

Recinto

Casa Xohana Torres
Santiago de Compsotela, A Coruña 15702 Spain

Protagonistas

GAM Viradxs
GAM Compostela
Concello de Santiago de Compostela