Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro: Fotografía – Autorretrato feminista

22 Outubro, 2024 @ 22 Outubro, 2024 - 22 Outubro, 2024

Obradoiro de fotografía “Autorretrato feminista” con Nair Romero [Técnica de Fotografía Artística]

🗣️Obradoiro dirixido a mulleres a partir dos 16 anos. Obradoiro creativo para cuestionar os estereotipos de xénero e os estándares de beleza patriarcais e explorar formas de resistir a estas normas mediante a arte e a auto expresión. Ensinaranse ás participantes técnicas básicas de fotografía para mellorar a calidade técnica dos seus autorretratos, incluíndo composición, iluminación, enfoque e manexo da cámara.

Abordarase a importancia do autorretrato na fotografía e na auto expresión, ensinando técnicas básicas de composición, uso da cámara/móbil e uso da luz. Finalmente aprenderanse técnicas básicas de edición fotográfica.

Non o perdas!

📅 martes 22 de outubro, ás 19:00h

📌Casa Xohana Torres

➡️ Inscricións: https://cutt.ly/5w3qOstd

Máis info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal

Detalles

Data:
22 Outubro, 2024
Hora:
22 Outubro, 2024

Recinto

Casa Xohana Torres
Santiago de Compsotela, A Coruña 15702 Spain + Google Map