
OBRADOIRO DE CREACIÓN MUSICAL: (Des)afinadxs e (ar)rítmicxs.
Xullo 10 @ Xullo 10 - Xullo 10
OBRADOIRO DE CREACIÓN MUSICAL “(Des)afinadxs e (ar)rítmicxs. Obradoiro de creación musical para todes, afinen ou non”
ORGANIZA: Casa Xohana Torres
Dinamizado por Gael Martins (Gael de Papel)
Obradoiro musical inclusivo dirixido, especialmente, a persoas queer sen necesidade de coñecementos previos en música. A través do corpo, a voz e a improvisación, exploraranse ferramentas básicas de expresión sonora para crear pequenas composicións musicais individuais e colectivas cun enfoque activista. A música preséntase aquí como linguaxe liberadora e espazo para a visibilidade, a resistencia e o gozo compartido. Nun ambiente seguro e creativo, traballarase desde o corpo e as emocións para transformar vivencias en mensaxes sonoras con poder transformador.
📍 Casa Xohana Torres
🗓️ Xoves 10 de xullo
🕕 19:00 a 21:00 h
🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036