Cargando eventos

« Todos os eventos

OBRADOIRO: Relacións que nos pertencen: vínculos fóra da norma

Xullo 15 @ Xullo 15 - Xullo 15

OBRADOIRO VIVENCIAL “Relacións que nos pertencen: vínculos fóra da norma”

ORGANIZA: Casa Xohana Torres

Dinamizado por Susana Castro

Espazo seguro e participativo para explorar, dende unha mirada vivencial e feminista, as relacións afectivas e sexuais fóra da heteronormatividade.

A través de dinámicas corporais, reflexión e diálogo colectivo, abordaremos temas como a bifobia interiorizada, os modelos afectivos que reproducimos, os coidados, os límites e a diversidade relacional, adaptando sempre o contido ao grupo e ao contexto.

Obradoiro dirixido a calquera persoa interesada en coñecer e afondar nos diferentes modelos relacionais. Conformado por unha parte teórica e un espazo para a reflexión colectiva. Neste obradoiro, abordaranse os seguintes aspectos:

  • A monogamia e a súa construción social.
  • As estruturas dos vínculos non monógamos.
  • Vínculos sostibles e igualitarios.
  • Vínculos amorosos e saudables.

📍 Casa Xohana Torres

🗓️ Martes 15 de xullo

🕕 19:00 a 21:00 h

🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036

Detalles

Data:
Xullo 15
Hora:
Xullo 15