
- Este evento pasou.
Pasado, presente e futuro: palabras con Orgullo
Xuño 14 @ Xuño 14 - Xuño 14
MESA REDONDA: “Pasado, presente e futuro: palabras con Orgullo”
📝🏳️🌈 A literatura é unha ferramenta poderosa para construír imaxinarios, dar voz a experiencias diversas e contribuír á transformación social.
Por iso, a primeira actividade que se desenvolverá no marco da campaña #CompostelaDiversa é a mesa redonda “Pasado, presente e futuro: palabras con Orgullo”, coa vontade de visibilizar e poñer en diálogo as voces literarias que abordan a diversidade sexual e de xénero desde perspectivas LGBT.
Modera Sonia Díaz e interveñen Ánxela Lema, Andrea Nunes e Afra Torrado.
🎤 Sonia Díaz é xornalista especializada en Comunicación Audiovisual e máster en Xestión Cultural. Compaxina o seu labor en comunicación de proxectos culturais co seu traballo na Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.
📑 Ánxela Lema é investigadora posdoutoral e membro do grupo ILLA da UDC, especializada en estudos de xénero, da sexualidade e literarios. Gañadora do Premio Follas Novas (2024) polo ensaio que coordinou con Andrea Nunes, «O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias».
📘 Andrea Nunes é activista transfeminista, escritora e profesora. Investiga cuestións relacionadas co ensino de linguas e/ou do xénero entendido como un construto social. Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega.
✍️ Afra Torrado é licenciada en Belas Artes e FP de Artes Gráficas. O seu cómic, “Fago o que podo” gañou o Premio Follas Novas 2024 na categoría de Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor.
🗓️ 14 de xuño
🕖 19:00 horas
📍 Casa Xohana Torres