
- Este evento pasou.
Presentación do proxecto: “MUSES”
7 Abril, 2022 @ 7 Abril, 2022 - 7 Abril, 2022
Nesta actividade se presentarán os resultados do proxecto de cooperación internacional estratéxica no ámbito da xuventude “MUSES”. Neste proxecto, profesionais da educación non formal xunto con adolescentes de Portugal, Galiza e Italia experimentaron ao longo do último ano múltiples técnicas, ferramentas e métodos para a descuberta, análise e difusión da cultura e das artes con mirada feminista. Entre os resultados destácase a guía didáctica elaborada para a dinamización cultural con perspectiva de xénero para adolescentes e a galería audiovisual realizada na súa totalidade polo grupo adolescente participante do proxecto, onde se recollen experiencias inspiradoras de persoas creativas, artistas e/ou que traballan no ámbito cultural e das artes, para confrontar prexuízos por razón de xénero e dar mostra da diversidade e riqueza do patrimonio cultural e artístico europeo.
? xoves 7 de abril ás 19:0h
Inscricións: info@xandobela.info
+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal
PRAZAS LIMITADAS