
TALLER: Con dramas non hai paraíso
Xullo 2 @ Xullo 2 - Xullo 2
TALLER “Con dramas non hai paraíso”
ORGANIZA: Casa Xohana Torres
Dinamizado por María Lucinda
Obradoiro vivencial centrado na saúde mental e emocional como ferramenta de prevención das violencias e das situacións de dependencia. A través de relatos inspiradores e dinámicas participativas, explorarase a xestión do medo, o perfeccionismo e outras emocións que inflúen na toma de decisións e na construción de relacións saudables. Empregaranse recursos narrativos e técnicas prácticas para desenvolver as diferentes formas de intelixencia (emocional, intuitiva, social, racional e física) como claves para o benestar e a emancipación emocional.
📍 Casa Xohana Torres
🗓️ Mércores 2 de xullo
🕕 19:00 a 21:00 h
🔗 Aforo limitado – inscríbete aquí: https://eu.jotform.com/220623450131036