
- Este evento pasou.
Tecendo fíos sobre a saúde mental en clave feminista e anti-racista
8 Outubro, 2021 @ 8 Outubro, 2021 - 8 Outubro, 2021
DEBATES FEMINISTAS EN FOCO: “Tecendo fíos sobre a saúde mental en clave feminista e anti-racista”.
A situación provocada pola pandemia do Covid-19 puxo de releve, entre outras cousas, a importancia da saúde mental. Un tema aínda cheo de estigmas, e que, se tiramos do fío, vemos a súa íntima relación con patriarcado e co racismo.
Para poñer luz a este debate contaremos coa presenza de dúas especialistas na materia:
- PAULA TOMÉ, activista do Movemento Galego da Saúde Mental e investigadora sobre a inclusión dunha perspectiva feminista no campo da saúde mental.
- ARANXA VICENS, activista antirracista e decolonial. Articula diversos temas dende a racialización e a migración como activista, escritora e produtora audiovisual desde os saberes empíricos.
? xoves 8 de outubro ás 19:30h.
Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres
+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal
PRAZAS LIMITADAS