
- Este evento pasou.
Teño un fille Trans, como acompañar?
23 Setembro, 2022 @ 23 Setembro, 2022 - 23 Setembro, 2022
OBRADOIRO: “Teño un fille Trans, como acompañar?”
Neste obradoiro darase formación e sensibilización ás familias con filles trans sobre o dereito a autodeterminación de xénero para un mellor acompañamento. Impulsarase o coñecemento das distintas orientacións e identidades sexuais, buscando a deconstrución de certos estereotipos e ideas erróneas ao redor das persoas trans e as que incumpren as normas de xénero.
? venres 23 de setembro ás 17:00h
Inscricións: https://form.jotform.com/220623450131036
+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal
PRAZAS LIMITADAS