
- Este evento pasou.
Vivas e libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego
1 Febreiro, 2022 @ 1 Febreiro, 2022 - 1 Febreiro, 2022
PRESENTACIÓN DO CADERNO: “Vivas e libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego”
O Caderno “Vivas e libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego” recolle aportacións que fixeron as deputadas nacionalistas tanto no Parlamento Galego como nas Cortes Españolas para elaborar as actuais leis vixentes en materia de igualdade. Busca ser unha ferramenta de análise dos avances que se fixeron na loita contra as violencias machistas. Para esta ocasión contará coa presenza da autora, Carme Adán, así como da portavoz municipal do BNG en Compostela, Goretti Sanmartin e da concelleira de igualdade de Oroso, Isabel Fernández.
? martes 1 de febreiro ás 19:30h
Inscricións: https://bit.ly/CadernoFeminismo
+ info: 981 55 42 00 | 652 995 415 | fgs@galizasempre.gal
PRAZAS LIMITADAS