Casa reservada
Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, SpainTodas as salas
Todas as salas
Presentación: "Campaña do Concello de Santiago con motivo do 25N" Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres + info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal PRAZAS LIMITADAS
Proxección e faladoiro: "A vida conta" Un documental que mostra como cambiou a vida das mulleres do rural de Compostela dende a pandemia, unha peza na que se narra como transcorreu a súa vida desde que se decretou o estado de alarma até a actualidade. ? mércores 10 de novembro de 19:00h á 21:00 Inscricións: ... Read more
Debates feministas en foco: "O porno feminista en cuestión" É o que se presenta como porno feminista realmente feminista? Ao longo do debate que vos propoñemos analizaremos que cambios se levaron a cabo na industria do porno e post-porno para facelo máis próximo ao público que demanda que estas películas cumpran unha ética para/coas mulleres. ... Read more
Faladoiro: "Endometriose: a epidemia oculta" Un faladoiro onde explicaremos que é a endometriose, a súa incidencia, cales son os seus síntomas, os factores de risco, a diagnose, os tratamentos que existen, etc. Reflexionaremos tamén sobre varias cuestións como o nesgo de xénero na sanidade ou por que hai unha media de 8 anos para o ... Read more
Todas as salas
Obradoiro: "Conéctate con Cabeza para a prevención da violencia de xénero e sexual no entorno dixital" Igual que sucede con outros aspectos da vida, a sexualidade tamén pasou a estar moi presente nas redes sociais, nas webs que visitamos e tamén nos nosos móbiles. Con este curso queremos compartir ferramentas para que poidas construír unha ... Read more
OBRADOIRO: “Violencias machistas no ámbito asociativo. Claves para afrontalas” Os colectivos e asociacións non son alleos ás violencias machistas. Nesta formación ponse o foco na identificación dalgunhas das súas expresións no contexto do tecido asociativo, así como coñecer e analizar algunhas ferramentas para poder afrontalas. ? mércores 17 de novembro de 19:00h á 21:00 Inscricións: ... Read more
GRUPOS DE DISCUSIÓN: “O futuro profesional das mulleres e identidades disidentes” - 1ª sesión Nesta actividade abordaranse as expectativas e desafíos que mulleres e identidades disidentes senten cando falamos de futuro profesional. Que esperas do teu futuro profesional? Que necesidades tes? Como escolliches o que estudas ou estudaches? ? xoves 18 e martes 23 de ... Read more
Todas as salas