Prevención e detección precoz da violencia sexual e de xénero en mulleres migrantes

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Formación para profesionais: “Prevención e detección precoz da violencia sexual e de xénero en mulleres migrantes” Esta formación organizada por SEDRA está dirixida á profesionais do ámbito psicosocial e de mediación intercultural co obxecto de ofrecer coñecementos e ferramentas útiles para a prevención e a detección precoz da violencia sexual e a violencia de xénero ... Read more

Presentación do proxecto: “MUSES”

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Nesta actividade se presentarán os resultados do proxecto de cooperación internacional estratéxica no ámbito da xuventude "MUSES". Neste proxecto, profesionais da educación non formal xunto con adolescentes de Portugal, Galiza e Italia experimentaron ao longo do último ano múltiples técnicas, ferramentas e métodos para a descuberta, análise e difusión da cultura e das artes con ... Read more

Casa reservada

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Todas as salas

AGROMANTES: gromos audiovisuais desde a psicodiversidade

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

CINEFORUM FEMINISTA: “AGROMANTES: gromos audiovisuais desde a psicodiversidade” Nesta actividade proxectaranse 6 curtametraxes documentais que están realizadas en primeira persoa baixo a temática común da loucura/sufrimento psíquico, dos procesos de psiquiatrización e da psicodiversidade. Ademais, poñen en evidencia como o machismo interfire nestes procesos dende diferentes aspectos. Estes audiovisuais son o resultado do “Laboratorio de ... Read more

Casa reservada

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Todas as salas

Feminismos e alternativas á monogamia. Debate entorno a outras formas de amar

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

DEBATE FEMINISTA EN FOCO: “Feminismos e alternativas á monogamia. Debate entorno a outras formas de amar” Estas a voltas coa monogamia?  Nesta actividade indagaremos sobre os modelos de relacións alternativos á monogamia. Afondaremos sobre outras formas de amar que van máis aló da parella e das relacións afectivo-sexuais. Para guiarnos neste debate contaremos co colectivo ... Read more

Casa reservada

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Todas as salas

Asemblea aberta do Orgullo popular

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Colectivos e persoas independentes de Compostela convocan unha serie de asembleas abertas para a organización colectiva e horizontal dun Orgullo LGBT popular e plural. Aberto a toda persoa ou asociación da cidade que queira participar. 5 de maio, ás 19:00h na Casa Xohana Torres Non é preciso inscribirse

Asemblea aberta Materfem

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

Asemblea aberta a todas as mulleres nais que queiran achegarse (soas ou coas crianzas) a coñecernos a nós e o noso traballo, as nosas iniciativas e actividades. Compartiremos espazo para continuar debatendo, visibilizando e loitando por mudar o lugar que ocupan a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos. ... Read more

Presentación do Proxecto LarLilás

Casa Xohana Torres Santiago de Compsotela, A Coruña, Spain

A asociación Larlilás presentará a súa proposta de desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poida garantir un final da vida en condicións de dignidade. Afástase de calquera interese mercantilista e susténtase nun ideario feminista, progresista, ecoloxista e laico. 7 de maio, ás 19:00h ... Read more