Prestacións socioeconómicas

PRESTACIÓNS MUNICIPAIS

RENTA MUNICIPAL DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ

Prestación económica, extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.

http://mais.social.santiagodecompostela.gal/es#block-views-seccions-block-1

BENEFICIO FISCAL NAS TAXAS DE AUGA, SANEAMENTO E LIXO

Axuda a mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais.

https://sede.santiagodecompostela.gal/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS_CATSERV

TARXETA DE BONIFICACIÓN DE TRANSPORTE URBANO (BONOBÚS)

Expedición dunha tarxeta magnética personalizada cargada con 720 viaxes gratuítos anuais, exclusiva para persoas en carencia de recursos ou en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, persoas maiores de 65 anos e persoas menores de 65 anos que sexan pensionistas.

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/tramites/tramite.php?txt=xestions&id_t=204&c=29&id=1&lg=cas

BOLSAS COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2021-2022

Concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello De Santiago de Compostela

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/06/08/2021_0000004819.pdf

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago facendo click aquí:

PRESTACIÓNS AUTONÓMICAS

PRESTACIÓNS PERIÓDICAS

Axudas económicas de carácter periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero.

http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/axudas-periodicas-para-mulleres-que-sofren-violencia-de-xenero-ano-2020

AXUDAS DE PAGAMENTO ÚNICO

Axuda económica dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.

http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/axuda-de-pago-unico-e-indemnizacion-para-mulleres-vitimas-de-violencia-de-xenero-ano-2020

FONDO GALEGO DE GARANTÍA E INDEMNIZACIÓN

Axuda económica para casos de sentenza xudicial firme polos danos e prexuízos causados pola violencia de xénero.

http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/axuda-de-pago-unico-e-indemnizacion-para-mulleres-vitimas-de-violencia-de-xenero-ano-2020

AXUDAS ECONÓMICAS A MULLERES GRAVEMENTE FERIDAS POR CAUSA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O programa ten por obxecto proporcionar axuda económica en forma de indemnización a mulleres que como consecuencia da situación de violencia sufrisen feridas graves que lle ocasionaran hospitalización.

http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/indemnizacion-economica-para-fillas-e-fillos-menores-de-30-anos-de-vitimas-mortais-por-0

AXUDAS ECONÓMICAS A ORFOS E ORFAS MENORES DE 30 ANOS
RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA)
EXENCIÓN NAS TAXAS DE MATRÍCULA UNIVERSITARIA

As mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, teñen dereito á exención do pagamento dos presos públicos por Servizos académicos en calquera das universidades de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190711_prezos.pdf

GRATUIDADE NOS COMEDORES ESCOLARES

Os membros de familias afectadas por violencia de xénero teñen dereito á gratuidade dos comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/10308

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PACTO DE ESTADO (IGUS)

Programa de subvencións para o alugamento de vivendas para vítimas de violencia de xénero.

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482C&ano=2021&numpub=1&lang=gl

SUBVENCIÓNS DE MOBILIDADE XEOGRÁFICA PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Programa de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI451B&ano=2021&numpub=1&lang=gl

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia facendo click aquí:

PRESTACIÓNS ESTATAIS

RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO (RAI)

Axuda económica estatal que se lles recoñece ás mulleres vítimas de violencia de xénero que estean desempregadas.

https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/distributiva-prestaciones/he-dejado-de-cobrar-el-paro/no-tengo-prestacion/victima-genero-domestica

ANTICIPOS POR NON PAGAMENTO DE PENSIÓNS ALIMENTICIAS

A través do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos garántese o pagamento de alimentos recoñecidos e non pagados.

http://tramites.administracion.gob.es/pt/comunidade/tramites/recurso/anticipos-por-impago-de-pensiones-alimenticias/29f47f18-34e9-4e2f-9875-ac379106aa98

AXUDAS ÁS VÍTIMAS DE DELITOS VIOLENTOS E CONTRA A LIBERDADE SEXUAL

Axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dos delitos dolosos e violentos cometidos en España.

https://www.portalclasespasivas.gob.es/sitios/clasespasivas/glES/PensionesPrestaciones/victimasdelitos/paginas/clasesdeayudas.aspx

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Goberno de España facendo click aquí:

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.