Histórico
Créase no Concello de Santiago de Compostela o Servizo de Asesoramento á Muller.
1991Institucionalízase o premio de investigación “Xohana Torres”.
Nace co obxecto de contribuír ó coñecemento e recoñecemento do traballo das mulleres que destacaron nalgún eido profesional, tanto na actualidade como no pasado, na vida da nosa comunidade.
1992Créase a Casa de Acollida para Mulleres vítimas de malos tratos.
Servicio que ofrece unha alternativa de carácter urxente e temporal a mulleres que se atopan en situación de risco persoal na convivencia familiar debido a malos tratos físicos ou psicolóxicos, dando acollemento tamén ós seus fillos e fillas.
1995I Plano Municipal de Igualdade de Oportunidades.
Ponse en marcha o I Plano Municipal de Igualdade de Oportunidades, creado pola Concellaría da Muller.
1999Convenio de colaboración para crear o primeiro Centro de Día para mulleres prostituídas.
Constitúese entre o Concello de Santiago de Compostela e o Centro de Estudios sobre a condición da Muller (Alecrín) un convenio de colaboración para crear o primeiro Centro de Día para mulleres prostituídas, un lugar de referencia e apoio para todas as mulleres que tiveron que exercer ou exercen a prostitución.
1999Consello Municipal da Muller.
Créase o Consello Municipal da Muller, órgano consultivo cuxo obxectivo é garantir o dereito á participación de todas as mulleres compostelás na vida municipal da cidade.
2000Asociación Cultural Andaina de Mulleres.
Iníciase un acordo de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Cultural Andaina de Mulleres.
2000Convenio de Colaboración entre o Concello de Santiago co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
Fírmase o Convenio de Colaboración entre o Concello de Santiago co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. A través deste Convenio fíxanse as condicións pola que se rexerá dita colaboración de cara á implantación e funcionamento dunha quenda especial de violencia de cara a asignación de avogados/as de oficio para a asistencia nos xuízos de faltas ás vítimas da violencia que teñan a súa residencia no Concello de Santiago.
2001Créase o Servizo de atención domiciliaria á infancia.
2002Iníciase o desenvolvemento de obradoiros de xénero e igualdade en colaboración co Consello da Xuventude da Xunta de Galicia.
2004O Concello de Santiago de Compostela acorda a creación dun CIM en virtude de acordo da Xunta de Goberno.
2004A Xunta de Galicia outorga a acreditación como servizo municipal ao CIM de Santiago de Compostela.
Pasando a formar parte da rede de CIMs e outros organismos de Galicia que traballan na procura do benestar de todas as mulleres en situación de vulnerabilidade.
2005Únese ao Servizo de Tele Asistencia Móbil .
O CIM de Santiago de Compostela únese ao Servizo de Tele Asistencia Móbil e comeza a ofertalo ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
2005Subvencións para o fomento do movemento asociativo.
Iníciase a convocatoria de subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller. Ao mesmo tempo apoiouse a creación nas Asociacións veciñais das Vogalías da Muller.
2005Centro de Recuperación Integral (CRI).
Cesión do espazo da Casa de Acollida para Mulleres vítimas á Xunta de Galicia para a creación do Centro de Recuperación Integral (CRI) para mulleres que sofren Violencia de Xénero.
2008Convenio de colaboración.
Fírmase o Convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a asociación Cáritas diocesana de Santiago para levar a cabo o proxecto do piso de acollida: “O noso lar” dentro do programa Vagalume.
2008Preséntase o Itinerario de intervención con mulleres.
Preséntase o Itinerario de intervención con mulleres; unha guía que recolle os recursos existentes, e establece e define a actuación de cada institución co obxectivo de prestar atención integral pero simplificada ás vítimas de Violencia de Xénero.
2010Ten lugar a celebración do I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero.
2013Ten lugar a celebración do II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero.
2014Iníciase a Campaña 25N. Compostela en Negro.
2015Preséntase o proxecto: Compostela, Territorio das mulleres.
2016Deséñase o Observatorio de Igualdade de oportunidades do Concello de Santiago de Compostela.
2016Constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela.
Unha ferramenta operativa na que estarán representados todos os ámbitos municipais, e outros implicados directa ou indirectamente na loita contra a Violencia de Xénero, co obxecto de procurar unha maior eficacia de todas as actuacións a tal fin.
2017Apertura e inauguración da “Casa Xohana Torres".
2017Créase o Punto Lila de información.
Un servizo de asesoramento e atención sobre violencias machistas (psicolóxicas, físicas e sexuais) que se habilita en celebracións locais que alberguen gran número de persoas, a disposición de todas as mulleres que visiten a cidade.
2018