ANUARIO
REVISTA MUJERART
Mercedes Rosón, concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, participou esta mañá no NH Collection na presentación do Anuario Mujerart 2021, que organizaron Compostela, Territorio das Mulleres, en colaboración co CIM. Durante a súa intervención, a concelleira puxo en valor a importancia de proxectos desta índole perante a necesidade de visibilizar as achegas que as mulleres realizaron ao longo da Historia e realizan actualmente no mundo da arte, “recoñecendo ese protagonismo escurecido pola sociedade patriarcal na que vivimos” en palabras da propia Mercedes Rosón.
A creadora e editora de MujerArt, Beatriz López, salientou a necesidade de incorporar as figuras do mundo da arte e da cultura femininas nos libros de texto de nenas e nenos ante a falta de información: “pregunteime quen decidiu a privación e desfrute que nos proporciona a arte e onde está esa parte da Historia que non nos contaron ou pola que pasamos coa punta dos pés”.
100 anuarios para repartir nos centros de ensino, nas bibliotecas e outras espazos de uso colectivo e comunitario
Por este motivo, o Concello de Santiago e o CIM participaron na impresión dun total de 100 volumes deste anuario que serán repartidos nos centros de ensino e nas bibliotecas da cidade, co fin de difundir e facilitar o coñecemento de figuras tan importantes como Enheduana, María Pérez “ A Balteira” ou “Frances Benjamin” grandes da historia ou contemporáneas como Ruth Lodeiro, Elena Alonso, Maria Gimenez, María Mendoza ou Merche Pérez que participaron na presentación.
MujerArt é un espazo de mulleres, arte e historia, un lugar no que descubrir a creadoras e artistas, pero tamén no que se remova a historia para traer de volta a aquelas que tanto achegaron a este eido e que se converteron en grandes invisibilizadas.