Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas de Santiago de Compostela

No marco da elaboración do Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas de Santiago de Compostela, que se está impulsando dende o Centro de Información ás Mulleres, o pasado venres 16 de xuño, celebrouse en CABES (Casa das Asociacións de Benestar Social) un encontro con diferentes axentes e entidades da cidade implicadas na elaboración deste documento. Participaron representantes do propio sector do ocio nocturno e a hostalaría, as forzas e corpos de seguridade, o ámbito xurídico, a intervención social e o tecido asociativo de Compostela.

Neste encontro, presentáronse os resultados da diagnose, realizada a través dunha investigación na que se empregaron cuestionarios dirixidos a persoas usuarias do ocio nocturno e a profesionais do sector, así como, entrevistas a axentes dos diferentes ámbitos. Por outra banda, recolléronse as propostas dos e das participantes como representantes deses ámbitos.

Foi esencialmente un encontro de traballo, que supuxo unha oportunidade para poñer en común as diferentes aportacións e debater sobre fórmulas que permitan trasladar esas achegas a unha ferramenta práctica, que contribúa a facer da cidade e do sector do ocio nocturno un espazo libre de violencias sexuais e LGTBIfóbicas, máis seguro para tódalas persoas.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.