O CIM lanza unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas

 O curso desevolverase entre o 4 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Restollal e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

O prazo de rexistro estará aberto a partir deste mércores, 7 de febreiro e ata o día 21 deste mesmo mes. As inscricións levaranse a cabo por rigoroso orde de presentación da solicitude na sede electrónica do Concello de Santiago (trámite ‘Inscrición en actividades en materia de igualdade’). O total de plazas ofertadas é 20, máis 10 de reserva, e terán preferencia as mulleres que estean empadroadas neste concello.

Para máis información, as mulleres interesadas poden dirixirse ao CIM no teléfono 981542465/660309731 ou no correo electrónico cim@santiagodecompostela.gal.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.