Goretti Sanmartín dá conta da constitución da comisión de traballo LGBTI no seo do Consello Municipal de Igualdade e traslada que se adicará a Praciña de Sar a Luz Fandiño

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este xoves o Consello Municipal de Igualdade, no que deu conta da constitución da comisión de traballo LGBTI con nove entidades do propio consello. Ademais, explicou o traballo a prol de recuperar espazos públicos con nomes de mulleres e, neste sentido, avanzou que a súa concellaría está a traballar para dedicarlle a Praciña de Sar a Luz Fandiño.

Na reunión que tivo lugar este xoves na sede do CABES, á que asistiron 25 persoas de distintas entidades e dos grupos da corporación, Goretti Sanmartín deu conta constitución da comisión de traballo LGBTI, da que formarán parte: Arraianas, Avante LGBT, ARELAS, Plataforma Feminista Galega, Acougo, Acadar, USC, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galiza), así como representantes dos grupos municipais. A comisión de traballo seguirá aberta para que se incorporen outras entidades que o desexen. 

Na xuntanza de constitución xa se abordou a metodoloxía interna do grupo, que se reunirá de forma ordinaria dúas veces ao ano, coincidindo coas xuntanzas ordinarias do Consello Municipal de Igualdade. Tamén poderá reunirse de forma extraordinaria cando así se solicite. No encontro tamén se abordou a implementación e seguimento do Protocolo Troula Segura e a recollida de propostas para incorporar á programación da campaña Compostela Diversa 2025.

Este apartado pode empregarse coma un subtítulo dentro da nova. Se non é necesario podes facer click dereito e borralo.

Espazos públicos para as mulleres

Goretti Sanmartín informou do traballo que se está a desenvolver para recuperar espazos públicos con nomes de mulleres. “Queremos que os nomes de mulleres formen parte do noso territorio”, reivindicou.

Neste sentido, tras a designación da Praza da Oliveira-Pilar Pereira, a súa concellaría está a traballar en que sexa a Praciña de Sar o espazo público que leve tamén o nome de Luz Fandiño.

A rexedora tamén deu conta das oito mulleres que serán homenaxeadas o 8 de marzo no acto Mulleres de Compostela, que se incorporou recentemente ao regulamento de honras e condecoracións. Serán homenaxeadas este ano: Esperanza Nogueira, expresidenta da Asociación A Xunlla de Laraño; Teresa González, expresidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) e presidenta da federación galega FEGADEM; Guadi Galego, unha artista de referencia da escea musical galega actual; Melania Cruz, premio de Cultura Galega das artes escénicas e Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación Feminina; Carme Castro, presidenta do Fútbol Club San Pedro desde 2020; Pilar Astray, expresidenta da Asociación do Traxe Galego; María Suárez, rexenta desde 1990 a popular taberna A Chantadina no barrio de Sar; e Carmen Iglesias, propietaria do mesón A Charca na Rúa do Franco, onde leva 50 anos á fronte dos fogóns. 

Licitación Casa Xohana Torres

Doutra banda, a alcaldesa Goretti Sanmartín informou de que o proceso de licitación da  da Casa Xohana Torres e Servizo de Asesoramento LGBTI está en marcha e a previsión é que o servizo bote a andar na primavera. 

Na súa intervención, lembrou, como se avanzara anterior consello, que a licitación establece que Casa estará xestionada por un equipo multidisciplinar formado por 7 profesionais: unha persoa responsable da coordinación xeral da casa, unha persoa especialista en políticas de xénero, unha persoa de comunicación e unha educadora social. Para a atención específica do Servizo de Asesoramento LGBTI, contaremos con servizo de asesoría xurídica e psicoloxía. Todos os perfís profesionais que se incorporen á casa deberán ter formación específica en igualdade. 

A proposta das asistentes, a reunión do consello tratou como abordar as políticas de igualdade no ámbito educativo e como traballar colaborativamente entre entidades, concello e universidade para facerlle fronte a unha cuestión que foi identificada como prioridade de acción. 

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.