A alcaldesa Goretti Sanmartín preside a segunda Mesa local de coordinación inter-institucional contra a violencia de xénero
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu esta mañá a terceira xuntanza no que vai de ano da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que se abordaron temas como a campaña municipal do 25N, os avances das comisións de traballo ou as últimas cifras de vítimas, entre outros.
Á xuntanza asistiron a representantes dos distintos servizos municipais, asociacións e membros dos corpos e forzas de seguridade.
Goretti Sanmatín defendeu que a Mesa que é un “mecanismo fundamental para garantir a coordinación dos distintos servizos, corpos e forzas de seguridad do estado e representacións de colexios profesionais e asociacións” para afinar a orientación e deseño das medidas “non só na actuación fronte a casos de violencia machista senón tamén na súa prevención”.
o número de mulleres atendidas no CIM ata o mes de outubro de 2024 é de 207, das cales 140 son novas usuarias
No encontro desta mañá fíxose un seguimento das dúas comisións de traballo constituídas na última reunión, unha delas centrada na Prevención e educación en valores de igualdade e a segunda na Coordinación das intervencións e seguimento co obxectivo de analizar os seus avances e ver posibles propostas.
Na xuntanza tamén se abordou a campaña lanzada polo Concello con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na que se fai un convite a toda a sociedade “para que se sinta implicada e se saiba que non se pode ser cómplice e mirar para outro lado” a través dunha serie de anuncions por toda a cidade e outros materiais como camisolas ou carteis para chegar a toda a cidadanía.
Tamén se puxeron en común cifras das distintas institucións e das Corpos e Forzas de Seguridade. Pola parte municpial, a alcaldesa detallou que o número de mulleres atendidas no CIM ata outubro de 2024 é de 207, das cales 140 son novas usuarias, fronte ás 178 usurias (108 novas) en 2023. De todos os casos atendidas ata outubro deste ano o 66% das mulleres pediron asesoramento a respecto da violencia de xénero sufrida, explicou Goretti Sanmartín.