Convocatoria do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebrada o 17 de marzo de 2025, aprobou as bases e convocatoria do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.

Os traballos que se presenten ao premio, tratarán da participación das mulleres na sociedade e terán como obxectivo resaltar o papel protagonista ou o esquecemento das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega. Poderán ser de carácter histórico, político, científico, literario, artístico etc., … e ter forma de ensaio, investigación científica ou composición audiovisual, e sempre se referirán a mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia.

O prazo de presentación dos traballos comeza o día 8 de marzo de 2025 e finaliza o 30 de decembro de 2025 ás 14:00 horas.

BASES NO BOP

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.