- This event has passed.
18 DE OUTUBRO- DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE PERSOAS
Outubro 18, 2021
O concello de Santiago presenta unha campaña de sensibilización sobre a trata de seres humanos, co gallo do DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE PERSOAS, 18 de outubro.
En pleno século XXI, en medio do mundo das tecncoloxías e a globalización, permanece e aumenta, día a día, unha realidade tan próxima coma invisible: A TRATA DE PERSOAS, que constitúe unha grave violación dos dereitos humanos. A trata atenta contra o dereito á vida, á dignidade, á integridade física e psíquica, á seguridade e á liberdade.
É un problema mundial e un dos máis vergoñentos que existen, xa que priva da súa dignidade a millóns de persoas en todo o mundo.
A ONU estima que, na actualidade, 2/3 das vítimas son mulleres mentres que persoas menores de idade representan 1/3 do total.
SE NON MERCAS NON HAI TRATA
COMBATER A TRATA DE SERES HUMANOS É UNHA PRIORIDADE