Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Compostela en Negro centra a campaña deste 25N nas violencias cotiás que non se ven.

Novembro 25, 2021

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou as accións de Compostela en Negro de cara ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Supoñen un traballo de concienciación a través da imaxe dun iceberg contra as violencias, de ‘performances’ e un documental que inciden na idea de visibilizar violencias machistas do día a día que son máis difíciles de detectar.

A imaxe do cartel da campaña deste ano, que se poderá ver tamén en autobuses e mupis, é a dun iceberg que pon sobre a mesa a necesidade de destapar e visibilizar,  “as violencias cotiás, as normalizadas, esas que nos costa ver e cando as vemos xa é moi tarde”.

Coas palabras “feminicidio” e “asesinato” na punta do iceberg, xorden as que están ocultas como “desvaloración”, “desprezo”, “culpabilizar”, “micromachismo” ou “anulación”. Estas mesmas verbas son as que, en forma de tiras de papel, repartirá o Concello xunto con bolsas de tea e o propio cartel aos comercios, bares e establecementos en xeral co obxectivo de denunciar esas situacións.

 

Estes mesmos materiais estarán ademais dispoñibles para toda a cidadanía que queira actuar vestindo de negro xanelas, varandas e en definitiva os seus espazos. Así, poderánse recoller na Casa Xohana Torres os días 19, 22 e 25 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.

 

Seis performances, 12 escaparates.

Outra das actividades que se desenvolverá será a realización de performances en 12 escaparates de establecementos composteláns na que participan seis artistas de diferentes artes escénicas como son Marta Alonso, Mónica de Nut, Helena Salgueiro, Marta Pérez, María Roja e a xaponesa residente en Compostela Masako Hattori. Tres das pezas son estreas mentras que as outras tres son adaptacións feitas ex profeso para o espazo dos escaparates, e todas xiran en torno ás formas de violencia ocultas na normalización, ás agochadas baixo a punta do iceberg seguindo o “sempre foi así”.

As performances serán o martes 24 de novembro e o mesmo día 25 entre as 18.30 e as 20 horas. De só 10 minutos de duración, repetiránse dúas veces en cada escaparate e poderán verse a través dun percorrido polo centro da cidade: o mércores 24 en República do Salvador e Xeneral Pardiñas, e Praza de Galicia e rúa do Hórreo o xoves 25.

Actos institucionais.

A concelleira de Igualdade lembrou que o propio 25N a corporación recibirá ás 12.00 h no Pazo de Raxoi a distintos colectivos feministas e ás 19.00 h, na praza 8 de marzo, descubrirase unha placa en homenaxe ás vítimas de violencia machista.

Detalles

Data:
Novembro 25, 2021

Protagonista

CIM

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.