Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

OBRADOIRO: Teño un fille trans. Como acompañar?

Outubro 15, 2021 @ 6:00 p.m. - 8:00 p.m. UTC+1

O obradoiro persegue promover a participación, a reflexión e a análise a través de dinámicas de grupo, facendo accesibles os contidos informativos e conceptuais, para producir cambios actitudinais.

Impulsarase a formación e participación das persoas asistentes no coñecemento e acompañamento das distintas orientacións e identidades sexuais buscando a deconstrucción de certos estereotipos e ideas erróneas que se teñen sobre as persoas trans e as que incumpren as normas de xénero. Tamén se afondará nas principais formas de exercer e sufrir a transfobia buscando a prevención de
posibles formas de discriminación e rexeitamento cara xs filles trans.

Entre os temas a tratar no obradoiro incluiríase:

  • Os catro elementos que conforman a diversidade afectivo- sexual: sexo asignado, identidade sexual, orientación sexual e expresión de xénero.
  • Principais formas de exercer e sufrir a transfobia.
  • Como acompañar e garantir o interese superior e a autodeterminación de xénero da infancia-xuventude trans.
  • Debate e análise de casos

? venres 15 de outubro de 18:00h a 20:00h

Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres

+ info: 608 710 978 | casaxt@santiagodecompostela.gal

PRAZAS LIMITADAS

Details

Date:
Outubro 15, 2021
Time:
6:00 p.m. - 8:00 p.m. UTC+1

Organizer

ARELAS Asociación de familias de menores Trans
Phone
686160465
Email
arelasasociacion@gmail.com
View Organizer Website

Venue

Casa Xohana Torres
Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 España
+ Google Map
Phone
981 542 467
View Venue Website

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.